González Abelleria: "Gañar as municipais é o obxectivo prioritario desta executiva"

Tras gañar as primarias, a edil de benestar social e igualdade do Concello de Lugo, que é a primeira muller en porse ao fornte da executiva local socialista, ten como principal reto contribuír a que o seu partido manteña a alcaldía da capital, onde goberna desde 1999

Ana González Abelleira. XESÚS PONTE
photo_camera Ana González Abelleira. XESÚS PONTE

Por que deu este paso adiante?

Síntome capacitada, podo adicarme e creo que é necesaria unha nova imaxe para que os simpatizantes se volvan ilusionar coa idea socialista, que é a que pretendo transmitir á sociedade en xeral.

Está rodeada dun equipo novo?

Non é cuestión de idade, senón de querer facer cousas novas e querer implicarnos na estrutura do partido, para facer un bo traballo que ten como fin último encher as rúas de socialismo e gañar as eleccións municipais, que é o obxectivo prioritario desta executiva.

Que concurriran dúas listas evidencia que non houbo consenso?

O consenso ao final conseguiuse. Neste proceso democrático houbo unha participación elevada da militancia de Lugo, o que significa que estamos vivos e que desexamos aportar e facer cambios. A participación e colaboración vai no ADN do partido. Tratábase de que a militancia decidira quen ía dirixir o novo proxecto, non de que houbera distanciamento entre os que íamos nas listas.

Foi a asemblea más concurrida dos últimos anos.

Esto demostra que a xente está interesada, que quere participar e que está motivada. Temos que partir de que levamos inmersos en procesos internos moito tempo, que merman loxicamente o activismo social. Este foi o último paso para cerrar toda a estrutura do partido.

Negociou integrar o que ía ser o terceiro candidato, o exedil José Piñeiro, por que non callou?

Foi unha decisión persoal de Piñeiro, que é un referente no partido socialista, un home que leva todaa vida traballando polo partido e que vai seguir traballando porque ao final esta é unha adicción que temos as persoas que compartimos esta ideoloxía.

Como está o partido? As liortas pola presidencia da Deputación causaron feridas, cicatrizaron?

Como en todas as familias o normal é que haxa distintas opinións, que hai que canalizar con sentido común e sensatez. Todostraballamos na mesma liña. Hai cousas que ás veces as persoas malinterpretamos, pero creo que non hai ningún tipo de problema. Se todos pensáramos igual tamén sería un pouco aburrido. O bo traballo acadase se se teñen en conta as opinións de todos.

"Queremos que a militancia sexa os nosos ollos e os nosos oídos e que poña voz ao traballo realizado e aporte ideas"

Ten afinidade coa executiva provincial de Álvaro Santos?

Hai afinidade sempre. Temos que pensar que ou traballamos todos xuntos e coordinadamente ou senón o traballo non vai ser efectivo. Queremos o activismo socialista, que se vexa na rúa o traballo dos socialistas porque se fai moito e ben, pero non chega á cidadanía como nos gustaría.

A nova executiva ten unha ampla presenza de uxetistas. Limou asperezas co sindicato?

Aquí non hai feridas, hai diversidade de opinións. Eu non podía deixar detrás á UXT porque é un referente no partido e unha corrente máis. Os propios estatutos fan referencia ao sindicato.

Non deixa de ser curioso que unha edil de igualdade sexa a primeira secretaria xeral da agrupación.

As mulleres en xeral sacrificamos a nosa vida profesional pola persoal. Esa tendencia ten que mudar. Lévase tres séculos traballando pola igualdade. Non é unha modernidade que se nos ocurra agora ás mulleres. Pouqiño a pouco fomos ocupando aqueles espazos que nos permitiron e agora imos ocupar os que nos pertencen por capacidade, non polo simple feito de ser mulleres. Homes e mulleres temos que ter as mesmas oportunidades.

A 15 meses das comicios municipais, cal vai ser a estratexia?

Traballar, ir facendo cousas pouquiño a pouco, sen retos imposibles, adaptándonos á realidade social. Interésame moito ter relación e comunicación constante coa militancia para que sexa os nosos ollos e os nosos oídos e para que poña voz ao traballo realizado e para que nos aporte ideas de como debemos enfocar a realidade de cada barrio da cidade.

Como se presenta esa carreira electoral nun concello que ten seis grupos municipais?

Vexo positivamente o pluralismo político porque representa os distintos pareceres. Haxa os que haxa eu vou traballar para que o partido socialista sexa a forza máis votada e para que sigamos vivindo ben. Nótase cando goberna o partido socialista, porque é cando mello se vive e se está.