ArteSanFroilán abre as súas portas

Uns 25 artesáns galegos amosan os seus traballos na mostra que xa vai pola décimo novena edición

García Porto e Basadre, xunto aos artesáns participantes nesta edición de ArteSanFroilán. EP
photo_camera García Porto e Basadre, xunto aos artesáns participantes nesta edición de ArteSanFroilán. EP

A deputada provincial Pilar García Porto e a concelleira Carmen Basadre Vázquez inauguraron este mércores a décimo novena mostra do ArteSanFroilán da Deputación, que reúne do 3 ao 14 de outubro as creacións de 25 artesáns.

O Executivo provincial financia con 26.600 euros esta cita, co obxectivo de promocionar e impulsar o traballo dos artesáns galegos.

"O ArteSanFroilán, con 19 edicións, é xa un clásico das festas patronais da capital e actúa de escaparate de luxo artesanía da provincia, pois son miles as persoas que durante as festas visitarán a mostra nalgún momento”, explicou a deputada responsable da área de Cultura.

Dos 25 creadores que participan este ano, dous deles fano por primeira vez. O resto xa participaron na mostra en anteriores edicións. Nos postos poderanse adquirir produtos de coitelería, cerámica, madeira e marroquinería, entre outros.

A mostra ten lugar baixo unha carpa cuberta instalada na Praza Anxo Fernández Gómez, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e contará cun posto de información. 

Os participantes
 Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada): O nome do stand deste artesán que xa ha participado en varias edicións do ArteSanFoilán, é Celso Ferreiro Cuitelos Fonsagrada. Celso leva traballando máis de 15 anos coa coitelería tradicional de Fonsagrada, recuperando do esquecemento un proceso no que se solda a calda, e introducindo novos materiais e conceptos que se poden ver no seu taller situado na parroquia de San Martín de Suarna.
Alfonso Otero Regal (Foz): O nome do stand é Regal Cerámica Artesán. É de Nois pero leva traballando toda a súa vida en Viveiro. Xa participou en varias edicións do ArteSanFoilán nas que amosa os produtos de cerámica elaborados en gres a alta temperatura, e decorados a man que por el mesmo. 
Carla Canedo Martínez (A Coruña): O nome do stand é Carla Alfaia e este ano será a terceira vez que participe no ArteSanFoilán. Esta artesá traballa a man con xoiería en prata, concretamente coa técnica da filigrana, que intenta recuperar do esquecemento aportándolle un toque máis contemporáneo. 
María del Carmen Fieiras e Adolfo Domínguez Casais (Lugo): Adolfo Domínguez Casais participou en varias edicións do ArteSanFoilán. Adolfo leva máis de 20 anos dedicados a traballar con xoiería e María del Carmen Fieiras outros 20 a cestería tradicional, ecolóxica e contemporánea. Posúen unha tenda na cidade, Amalgama, na que ofrecen talleres e espazos para achegar á xente a artesanía. 
Pablo Rodríguez González (Quiroga): Armaior é o taller visitable que ten en Quiroga. Esta é a cuarta vez que participa no ArteSanFoilán, e leva traballando coa madeira máis de 15 anos. Esta ano amosa útiles de cociña feitos con madeira de oliva, porque as propiedades desta madeira fan que sexa a máis adecuada para o seu uso na cociña, principalmente polas súas propiedades antibacterianas. 
Ana Isabel Novo Barreiro (Lugo): Esta é a cuarta vez que participa no ArteSanFoilán, co stand Tres Caracoles, no que amosa todo o seu traballo co coiro, como moedeiros, bolsos, fundas de móbil entre outros complementos. Dedícase profesionalmente dende hai 5 anos á marroquinería e ten un taller/tenda na cidade de Lugo onde se exhiben todos os produtos feitos a man por expertos artesáns.
Manuel Arturo Ochoa Villares (A Coruña): Este artesán coruñés é a cuarta vez que participa no ArteSanFoilán, co stand A Feitura, o taller que ten na Coruña dende o ano 1994. Leva traballando dende moi pequeno con xoiería en prata de 1ª lei como aneis e pendentes. A súa produción en ouro adoita ser personalizada buscando unha máxima conexión cos desexos dos seus clientes. 
Vidal Revilla Villegas (Cervo): Leva participando 10 anos no ArteSanFoilán. Comeza a súa actividade profesional no traballo artesán do coiro de forma autodidacta no ano 1985. Traballa el só no seu taller, no que realiza todo o proceso a man; investiga o oficio tradicional e trata de recuperar procedementos que están a piques de perderse. No seu stand poderanse mercar artigos como maletíns, bolsos, mochilas, maletas... Todos os artigos están realizados con peles de vacún de primeira calidade, curtición 100% vexetal de produción nacional, peles de ovino e porcino para forros e obxectos de latón aceiro e zamak. 
María Rodríguez Arias (Lugo): Ofrece os seus traballos de xoiaría no taller M&N situado na capital lucense. Empezou a traballar no sector da artesanía hai 10 anos e unha das súas especialidades é o deseño e confección de colares en prata e pedras semipreciosas. 
María Isabel Carril Quiroga (Lugo): É a terceira vez que participa no ArteSanFoilán. No ano 2011 decide emprender un novo camiño e centrarse no ganchillo e as manualidades, dedicarse exclusivamente á cerámica, coa apertura dunha nova tenda online www.lanalutum.com. No seu stand ofrecerá artesanía utilitaria como pratos, vasos ou cubertos, tamén produtos de decoración e de xoiaría: colares, aneis, pendentes, etcétera. 
Iria Pigueiras Vilar (Viveiro): Participou nas últimas edicións do ArteSanFoilán. Dedícase á artesanía dende fai nove anos. Arte Imavi é o nome do seu negocio, no que vende todo tipo de obxectos de artesanía, música e fotografía. Leva a súa tenda portátil por moitas das feiras que se celebran tanto na Mariña como noutros puntos da xeografía galega. No seu stand ofrecerá complementos artesanais de bixutería.
Javier Castro Rodríguez (A Pobra do Brollón): Javier de Castro Rodríguez é un dos artesáns que compoñen o taller de marroquinería Senda, situado no municipio da Pobra do Brollón. Participaron en numerosas edicións do ArteSanFoilán, e levan máis de 20 anos traballando con curtido vexetal ecolóxico e coa técnica centenaria do aormado en coiro. 
Inmaculada Díaz Cabado (Lugo): Leva participando varias edicións no ArteSanFoilán co stand Barroenvivo, como o nome do taller que ten na cidade de Lugo. Esta ceramista amosará parte do seu traballo como os cuncos, animais ou debuxos animados, entre outros, que deseña, crea e pinta.
Roberto Lascano Lascano (Lugo): Artesanía o mestizo é o nome do stand co que participa este artesán por quinta vez no ArteSanFoilán. Roberto ten unha tenda online http://omestizo.blogspot.com.es/ na que vende todos os produtos que produce con coiro como bolsos, mochilas ou carteiras entre outros, mesturando técnicas galegas e de distintos puntos do mundo como Sudamérica.
Esther Díaz Vidal (Mondoñedo): participou en varias edicións do ArteSanFoilán. Aprendeu a traballar con coiro no ano 2001 e dende o 2007 vive exclusivamente da artesanía, participando en diferentes feiras ao longo e ancho do territorio. Na feira ofrecerá artigos de diferente índole: carteiras, axendas, espellos, bolsos, torques... Todo traballado a man, sen nada de maquinaria. 
Mónica García Grandío (Lugo): É a terceira vez que participa no ArteSanFoilán. Dedícase á artesanía dende fai cinco anos, ao quedarse sen traballo e dispoñer de máis tempo libre comezou a facer cousas para a súa nena Marina, que lle dá nome ao seu stand: Mis Marinillas, no que vai expoñer diferentes complementos de moda e deseño. 
Sabela Palacio: (Santiago de Compostela): É a titular do taller que mereceu o recoñecemento ó mellor stand do ArteSanFoilán no 2011, O Sapo Chosco. Dedícase dende hai 28 anos á elaboración de miniaturas en pasta de cerámica e decoración en cartón pedra. Participou de maneira ininterrompida no ArteSanFoilán dende o ano 2007 menos nas edicións de 2012 e 2015. 
Ana Belén Barral Valiña (Guitiriz): O nome do stand é Lucecús. É a terceira vez que participa no ArteSanFoilán e realiza complementos de moda con feltro e bonecos de lá realizados coa técnica de tecer amigurumi. Todos os produtos son feitos a man e encárgase de todo o proceso, dende os deseños ata o empaquetado. 
Graciela Jiménez Azcoitia (Ourense): O nome do stand é La Aguada Artesanías. Esta artesá, que participa por segunda vez no ArteSanFoilán, ten un obradoiro especializado nas artes do lume, bixutería e pequeno formato en Ribadavia, Ourense. Traballa o esmalte sobre cobre, fusing de cristal de Murano, cerámica e decoración sobre porcelana. 
Noé Oliveira Costas (Pontevedra): Participa por segunda vez no ArteSanFoilán co seu stand Chorima. Este profesional da marroquinería, que traballa con curtición vexetal, ofrece bolsos, mochilas, cintos ou diferentes pezas de decoración. Posúe un obradoiro en Pontevedra, onde traballa en novos deseños. 
Alejandra Iglesias Súarez (Lugo): Esta artesá participa por segunda vez co stand Mi madre no me deja. Posúe un obradoiro con outra artesá na cidade, no que imparten actividades de debuxos, ilustracións e escultura, entre outras moitas. Estas profesionais da serigrafía artesanal traballan sobre papel, téxtil e cerámica cos seus propios deseños. No posto ofrecerán xoiería, complementos, vaixelas, láminas, camisetas ou mochilas. 
Novos participantes
Manuel Barreiro Barreiro ( Teo- A Coruña): Participa por primeira vez no ArteSanfroilán co seu stand Ocarinas Paparolo. Dedícase á elaboración de instrumentos musicais de barro cocido, como ocarinas e asubíos. 
Gustavo Helling Perlini  (Sada – A Coruña):  Artesán coruñés que traballa a xoiaría. Estréase na mostra co seu stand Plata Nativa. 
Pilar López  Cupeiro (Cospeito – Lugo) Participa co seu stand Pilar Cupeiro, no que exporá  caixas de luz pintadas con distintas técnicas, luminarias de sobremesa e pinturas sobre distintos soportes. 
Carolina Cabrero González  (Oza Cesuras- A Coruña) Participa co seu stand Taller Viola-Flores, no que amosará lámpadas decoradas con flores e outros arranxos florais.

Comentarios