Arroxo visita a obra de Lamas de Prado que se sumará á Praza de Alacante e á de Aquilino Igrexa Alvariño

O tenente alcalde e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a obra e os elementos de mobiliario urbano xa instalados
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro y Alexandre Penas, en Lamas de Prado. EP
photo_camera Rubén Arroxo, Maite Ferreiro y Alexandre Penas, en Lamas de Prado. EP

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, achegouse ata a rúa Lamas de Prado onde puideron comprobar a recente instalación de mobiliario urbano e o pavimentado de zonas da rúa. Arroxo explicou que "os traballos da renovación desta rúa vanse sumar ao da praza de Alacante e aos da rúa Aquilino Igrexas Alvariño", e engadiu "hoxe continuamos a traballar dende o goberno municipal para garantir que a imaxe desta zona mellore como estamos a traballar en outros barrios da cidade".

O Goberno de Lugo traballa neste proxecto, tanto na renovación das beirarrúas, como nas diferentes instalacións de servizos que están soterrados, eliminando barreiras arquitectónicas e aumentando a accesibilidade nunha zona da cidade que acolle a máis de 10.000 habitantes.

Rubén Arroxo: "estase actuando sobre os barrios da cidade e esta obra é o exemplo de renovación necesario para moitas zonas que permanecián abandonadas dende fai anos"

Habilitouse unha plataforma única na confluencia desta rúa coa praza do Castiñeiro, continuando coa aplicación dun modelo que fomenta a convivencia entre as persoas e os vehículos, calmando o tráfico e permitindo o tránsito peonil pola zona de xeito seguro.

A actuación supón un investimento de 533.933 euros, e inclúe tamén a renovación do mobiliario urbano de as zonas verdes da zona, xunto coa instalación dunha nova marquesiña para a parada do bus urbano.

Comentarios