Un novo bus de menor tamaño permite cubrir todo o barrio da Ponte

Arroxo reivindica que os novos buses están "adaptados á realidade de cada barrio" ► O número de usuarios aumentou nos primeiros días co novo modelo de liñas, pasando de 6.335 persoas a 7.661 nunha semana
photo_camera O tenente alcalde, <strong>Rubén Arroxo</strong>, acompañado de concelleiros e representantes da empresa concesionaria do transporte urbano, visitaron o <strong>barrio da Ponte</strong>, cuxa liña de bus está a ser cuberta por un dos novos buses. Arroxo explicou que "o novo modelo de transporte urbano conta tamén con buses <strong>adaptados á realidade de cada barrio</strong>, por exemplo, no barrio da Ponte, o uso dun bus de <b>menor tamaño </b>permite <b>mellorar a maniobrabilidade na zona</b>, aumentando a cantidade de veciñas e veciños que teñen acceso ao bus urbano".

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de concelleiros e persoal da empresa concesionaria do transporte urbano, visitaron o barrio da Ponte, cuxa liña de bus está a ser cuberta por un dos novos buses. Arroxo reivindicou que o novo modelo de transporte urbano conta con buses "adaptados á realidade de cada barrio, por exemplo, no da Ponte, o uso dun bus de menor tamaño permite mellorar a maniobrabilidade na zona, aumentando a cantidade de veciñas e veciños que teñen acceso ao bus urbano".

O edil de Mobilidade explicou que está a aplicarse tamén no resto de barrios e incidiu en que o deseño das novas liñas permitiu "mellorar as conexións e as rúas polas que pode pasar o bus urbano". 

O modelo de bus utilizado para esta liña é un Isuzu Novociti Life, que ten unha lonxitude de 7.8 metros e permite transportar a 21 persoas en asento e 39 de pé. Ademáis, o bus cumpre coa normativa de emisións de substancias contaminantes Euro VI e conta cos últimos avances en seguridade.

Nun comunicado, informa de que os primeiros día de funcionamento das novas liñas de transporte público mostraron o aumento no número de usuarios do bus urbano. A comparación entre o martes 25 de maio e o martes 1 de xuño mostra unha subida de máis de 1.300 usuarios, pasando de 6.335 o martes 25 a 7.661 o pasado martes día 1.

Os cambios de tráfico aplicados na contorna da Mosqueira permitiron crear preto dun cento de prazas de estacionamento a poucos minutos do centro.

Rubén Arroxo lembrou que "todas as paradas contan cun infobus virtual que da información sobre o transporte público en tempo real". Para acceder a este sistema, deberase escanear o código QR habilitado en cada un dos infobuses, que abrirá unha páxina coa información en tempo real da parada.

O tenente de alcalde destacou que "todas as persoas que queiran usar o bus urbano poderán saber canto tempo falta para que chegue a seguinte liña desde calquera parada da cidade".

Comentarios