miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Arroxo presenta o novo bus que se incorporará ao transporte urbano

Rubén Arroxo, en la presentación del minibús.PALLÓN
Rubén Arroxo, en la presentación del minibús.PALLÓN

O edil responsable de Mobilidade e Infraestruturas sinalou que o novo vehículo é máis eficiente e seguro e cubrirá a liña 11

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, presentou este xoves o novo microbús co que conta o Concello, que, a partir deste venres cubrirá o servizo da liña 11.

"Queremos que a xente aposte polo bus urbano porque reducindo tráfico na cidade avanzamos nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica", indicou Arroxo.

O novo vehículo, da marca Mercedes, incorpórase á flota e ten un menor consumo que os modelos que o precederon no servizo, polo que emiten menos substancias contaminantes. Ademais, segundo explicou Arroxo, "incorpora os últimos avances en seguridade na condución e cumpre cos protocolos covid".

O redeseño interior, destacado por incluír grandes fiestrs con cristais tintados para evitar molestias causadas pola luz solar sen ter que engadir cortinas que poidan ser tocadas por varias persoas. O posto de conducción conta con mampara para protexer ao persoal da empresa e ás persoas usuarias. 

Conta con rampa de acceso para garantir a accesibilidade, e conexión WiFi e portos USB para recargar dispositivos móbiles. En total, o novo vehículo terá unha cabida de 16 pasaxeiros sentados e 14 de pé, e realizará o servizo da zona rural, nos núcleos de Tirimol, Pías, Bóveda, Castelo, Nadela, Recimil, San Mamede, Conturiz, Esperante e Calde.

Novas Liñas. Arroxo avanzou que "nos vindeiros días agardamos que a xunta de goberno aprobe a modificación do contrato para que poidan comezar a funcionar as novas liñas", e engadiu que entón "comezarase coa instalación do SAE, que durará aproximadamente un mes, e realizaremos unha campaña de promoción para que toda a veciñanza sexa informada dos novos horarios e reducir ao máximo as molestias no momento de comezar a funcionar", sinalou.
 

Arroxo presenta o novo bus que se incorporará ao transporte urbano
Comentarios