Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

O BNG organiza unhas "brigadas de desbroce" para rozar a maleza en Lugo

"Demandamos en numerosas ocasións que se fixera unha limpeza pero parece que ninguén actúa e por iso decidimos facer esta acción simbólica unha vez máis", denunciou Arroxo

Varias persoas participaron este martes nas "brigadas de desbroce" organizadas polo BNG.  

Militantes e simpatizantes do partido reuníronse para limpar o tramo de camiño que une o paseo do Miño co do Rato, que estaba "practicamente pechado pola maleza, causando molestias as centos de persoas que diariamente se moven pola zona", denunciou o Rubén Arroxo. 

"Demandamos en numerosas ocasións que se fixera unha limpeza da maleza pero parece que ninguén actúa e por iso decidimos facer esta acción simbólica unha vez máis", declarou o voceiro nacionalista, que critica a incoherencia do goberno local. "Esíxeselles aos propietarios a limpeza dos seus terreos, e despois é a propia administración a primeira en incumprir dita normativa".

Este verán o Concello foi moi criticado debido ao mal estado que presentan zonas verdes e beiravías.

O edil de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, anunciou que esta semana realizaranse labores de desbroce no parque empresarial das Gándaras a pesar de que non é competencia exclusiva do goberno local, senón que tamén deberían responsabilizarse desta tarefa Xestur e os propietarios das parcelas.

Os traballos de desbroce iniciados a semana pasada tamén continúan no monte de titularidade municipal que se atopa no entorno do Hospital Lucus Augusti, fronte á entrada ao servizo de Urxencias. Ademais, desbrozouse a maleza que se encontraba nas inmediacións do depósito de auga de Penarrubia.

O BNG organiza unhas "brigadas de desbroce" para rozar a maleza en...
Comentarios