miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Arroxo e López supervisan as obras do soto da Praza de Abastos

Visita ao soto da Praza de Abastos. EP
Visita ao soto da Praza de Abastos. EP
Os edís nacionalistas agardan que "nas vindeiras semanas" estea culminada a renovación

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, visitou este martes a Praza de Abastos xunto coa edil de Participación, Cristina López, e persoal municipal, para comprobar o avance realizado na renovación dos espazos do soto.

O nacionalista explicou que "as obras avanzan a bo ritmo, e agardamos que nas vindeiras semanas as veciñas e veciños de Lugo poidan desfrutar da Praza de Abastos completamente renovada".

A obra de rehabilitación do soto permitirá mellorar tanto o espazo adicado ao comercio como as zonas comúns, "que aínda que non son visitadas pola veciñanza, son moi importantes para as persoas que desenvolven a súa actividade comercial na Praza", afirmou Rubén Arroxo. Coa nova distribución, os praceiros poderán contar, entre outras melloras, con cámaras frigoríficas de maior tamaño ou de zonas comúns como vestiarios.

"As distintas accións que se están a executar no soto para mellorar o espazo e garantir a mellor calidade posíbel nesta instalación", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "damos tamén solución a unha solicitude das praceiras e praceiros moi importante, ademais de permitir un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venta".  "Desde as áreas de Infraestruturas e Participación estamos a traballar en mellorar a Praza de Abastos e a súa contorna, con proxectos como a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros e as distintas accións postas en marcha para promocionar e mellorar a Praza"”, afirmou Rubén Arroxo.

Arroxo e López supervisan as obras do soto da Praza de Abastos
Comentarios