A Área de Participación agradece "o civismo das vendedoras do mercado tradicional"

Manterase na praza da Soidade mentres se executan as obras da parte baixa da praza de Abastos
Zona do mercado. EP
photo_camera Zona do mercado. EP

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo, Cristina López, quixo agradecer publicamente o civismo amosado por vendedores e vendedoras do mercado tradicional que se trasladou á praza da Soidade.

López afirmou "puidemos comprobar, despois do mercado, o magnifico estado de limpeza no que quedaron as instalacións provisionais e todo o espazo onde se celebra o mercado". A concelleira encargada deste servizo sinalou  "efectivamente pedimos, previamente, a colaboración de vendedoras e vendedores para manter limpo o entorno e demostraron estar á altura".

A concelleira amosou a súa satisfacción e dixo que "tanto en Frigsa como no entorno do mercado tradicional o grao de limpeza é, neste momento, óptimo e traballamos para que siga sendo así".

Comentarios