A área de Participación adxudica novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal

"Estamos traballando para que a Praza e o Mercado chegue ao total funcionamento"
Cristina López na Praza de Abastos lucense, na campaña do Nadal. CONCELLO DE LUGO
photo_camera Cristina López na Praza de Abastos lucense. CONCELLO DE LUGO

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da adxudicación de 7 novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal o pasado mércores en Xunta de Goberno. Os postos adxudicados son o número 9 da Praza de Abastos e os postos 11, 20, 25, 27, 28 e 29 do Mercado municipal, que terán unha concesión de 25 anos non prorrogables.

“Seguimos traballando para que a Praza e o Mercado cheguen a ter o total dos seus postos ocupados e en funcionamento" declarou Cristina López, que destacou que “na Praza e no Mercado atopamos produtos de calidade, ao mesmo tempo que recibimos a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto”.

Cristina López destacou a importancia do comercio local, “que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria”, e afirmou q ue “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible”.

Comentarios