martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

A área de Cultura achegará lotes de libros ás asociacións veciñais que o soliciten

Maite Ferreiro. EP
Maite Ferreiro. EP
"Queremos achegar os libros en galego a toda a veciñanza, facilitando o acceso aos libros editados polo Concello", explicou Ferreiro

Maite Ferreiro anunciou que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua vén de abrir unha nova liña de colaboración coas asociacións veciñais, a través da cal a área de Cultura achegará libros procedentes do fondo bibliográfico municipal, para "garantir que toda a veciñanza teña acceso a libros en galego".

A área de cultura entregará lotes de libros a todas as asociacións veciñais que o soliciten "para ampliar os libros existentes nas coleccións que moitas asociacións gardan nas súas instalacións, e facilitar que as persoas que forman parte delas poidan acceder aos libros editados polo Concello".

A concelleira de Cultura destacou o gran éxito que tiveron as distintas iniciativas postas en marcha durante este ano para achegar á veciñanza os libros procedentes deste fondo. "Centos de persoas recolleron libros en galego editados polo Concello en datas importantes como o día do Libro, o día das Letras Galegas ou o día dos Museos", lembrou Maite Ferreiro.

A área de Cultura achegará lotes de libros ás asociacións veciñais...
Comentarios