Aquí tes o cartaz e os horarios dos concertos da semana cultural do San Froilán

A edil de Cultura informou das actuacións que terán lugar nos recintos de Agro do Rolo e no Castiñeiro


 

Cartel San Froilán 011
photo_camera Presentación do cartaz do San Froilán cultural. EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou este martes, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano.

O xurado, formado por Esther Muñoz Mena, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Iago Eireos Franco, artista lucense licenciado en Belas Artes, e Iván Mouronte Barreiro ilustrador e deseñador gráfico, escolleron a obra de Codés Lillo Irimia entre as 57 concursantes pola súa calidade no deseño.

Ferreiro agradeceu "a todas as participantes no concurso a súa implicación" e afirmou que "das obras recibidas tanto neste concurso como no resto de certames que organizamos durante todo o ano podemos afirmar que Lugo ten unha grande potencia artística".

A edil de Cultura presentou a imaxe da semana cultural xunto con representantes dos grupos de Lugo, "os protagonistas desta programación especial".

Concertos Agro do Rolo e Castiñeiro
Domingo 4
19:00 – Agro do Rolo – Espazo Hip Hop
21:00 – Castiñeiro – Zeltia
Luns 5
13:00 – Agro do Rolo - Untides
13:00 – Castiñeiro – Forget La France
21:00 – Agro do Rolo – Verbena Galega D’antes
21:00 – Castiñeiro – Zeltia
Martes 6
21:00 – Agro do Rolo – Infrarroja
21:00 – Castiñeiro – Galyrion
Mércores 7
21:00 – Agro do Rolo – Volta do Agro
21:00 – Castiñeiro – Branca Villares e Pablo Pintor
Xoves 8
21:00 – Agro do Rolo – El Nahual
21:00 – Castiñeiro – Conducto Coloquio
Venres 9
21:00 – Agro do Rolo – Tito Ramírez
21:00 – Castiñeiro – IV Concurso Miss Deusa
Sábado 10
13:00 – Castiñeiro – Caivanca
21:00 – Agro do Rolo – Sanfroidance
21:00 Castiñeiro – Tito Ramírez
Domingo 11
13:00 – Agro do Rolo – Minton’s Jazz
13:00 – Castiñeiro – Una Mesa para Dos
21:00 – Agro Do Rolo – Moura
21:00 – Castiñeiro – Caamaño e Ameixeiras
Luns 12
13:00 – Agro do Rolo – Sound Sisters
13:00 – Castiñeiro – Via Per Loka
21:00 – Agro do Rolo – A Banda da Loba
21:00 – Castiñeiro - Xoana