miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

A apertura do centro de maiores de Castroverde prevese para antes de fin de ano

Xunta do Goberno da Deputación de Lugo do 31 de xullo. CEDIDA
Xunta do Goberno da Deputación de Lugo do 31 de xullo. CEDIDA
A Deputación aprobou este venres o convenio que constitúe o último trámite administrativo necesario para a posta en marcha do calendario para formalizar a solicitude de praza


A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o convenio específico do Centro de Atención a Maiores de Castroverde. O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, informou de que unha vez se asine este convenio, rematarían os trámites interadministrativos entre o Concello e a Deputación.

“Nas vindeiras semanas informaremos de cal será o calendario administrativo que se porá en marcha para que a solicitude de praza, e será nese momento cando as persoas interesadas poidan presentar as súas instancias de solicitude”

Tomé Roca subliñou dende a institución provincial “avanzamos e cumprimos co compromiso que adquirimos cando aprobamos os Orzamentos 2020 de abrir as residencias de Castroverde e Pedrafita do Cebreiro antes de que remate o ano e nese camiño estamos, sempre e cando as condicións sanitarias nolo permitan”.  “Neste ano que levamos de mandato aprobamos o convenio marco da residencia de Castroverde, tamén o Concello aprobou a ordenanza reguladora do servizo e acabamos de dar luz verde ao convenio específico". 

Con este convenio específico establécese a prioridade de acceso as prazas para os veciños e veciñas de Castroverde; en segundo termo para os dos municipios limítrofes ou da comarca; e despois, para os veciños da provincia en xeral.”, afirmou o Presidente. O convenio recolle que a Deputación se compromete a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais e, pola súa banda, o Concello comprométese a colaborar coa institución provincial e a facer as achegas económicas previstas. 

Ademais, Tomé Roca informou de que nas vindeiras semanas, nun prazo breve de tempo, “sacaremos a contratación da prestación pública deste novo servizo, e tamén está previsto aprobar o orzamento total estimado para os primeiros 4 anos de funcionamento deste Centro de Atención a Maiores. O orzamento ascende a preto de 2,3 millóns de euros”. 

O Centro de Maiores de Castroverde contará con 30 prazas de residencia e 24 de centro de día

Os centros da Deputación de Lugo teñen unha filosofía propia, que lle dá valor á proximidade coas persoas e cunha atención de calidade. “O modelo radica nunhas infraestruturas pensadas para poucos usuarios nas que se garante que os maiores reciben os coidados e os servizos que precisan e aos que teñen dereito, preto do seu lugar de residencia. Permitimos que cada persoa poida seguir vivindo no lugar no que fixo a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas e atendidos por persoal que na súa maioría é da súa e que mesmo coñecen”, manifestou.

A apertura do centro de maiores de Castroverde prevese para antes...
Comentarios