jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Anxo Lugilde presenta 'A vella compañeira' este venres na Uned de Lugo

Anxo Lugilde. EFE
Anxo Lugilde. EFE
Estará acompañado por Alfonso Riveiro, Marta Veiga e Ana Belén Traseira 

O escritor e xornalista lucense Anxo Lugilde presentará este venres na Uned de Lugo o seu libro A vella compañeira, no que narra a súa loita contra a depresión de forma autobiográfica.

Farao acompañado de Alfonso Álvarez Riveiro, director de El Progreso, de Marta Veiga Izaguirre, xornalista e profesora asociada da USC e de Ana Belén Traseira Pena, a directora do Centro Asociado.

A presentación será o vindeiro venres 5 de novembro ás 19.00 horas. Poderase asistir de forma online ou presencial. É preciso inscribirse na web da Uned.  

Anxo Lugilde presenta 'A vella compañeira' este venres na Uned de Lugo
Comentarios