Amigos do Camiño celebra as Letras Galegas en Sicilia

O colectivo recuperou a tradición de viaxar na ponte festiva e organizou un acto de orgullo pola lingua na illa italiana
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Os lucenses que participan na viaxe a Sicilia. EP

Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.

Este ano a viaxe, aplazada dous anos polas restriccións derivadas da pandemia, foi á illa de Sicilia, e alí se encontran desde o pasado venres medio cento de membros desta Asociación que preside Ángel Trabada, e alí celebraron o Día das Letras cunha breve intervención do xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación, e o canto colectivo do Himno Galego.

Como o Covid impedíu que Xiz acompañara a expedición, a súa intervención foi telemática. Aparte dunha orixinal celebración da Festa da Lingua entre dous paises, o acto constituíu unha especial homenaxe aos autores alófonos, como define Alonso Montero aos que, non sendo galegos, escriben en galego por amor a esta terra e o seu idioma, entre os que ten especial papel Federico García Lorca, cos seus Seis poemas galegos.

Comentarios