Santos carga contra Caballero: "Dubido que teña proxecto para Galicia"

Ainda que di estar "apartado da vida orgánica do partido por iniciativa propia", o exsecretario provincial do PSOE lucense asegura que coas súas palabras busca "chamar á reflexión"
Álvaro Santos, secretario provincial del PSOE. EP
photo_camera Álvaro Santos, ex secretario provincial del PSOE. EP

O ex secretario provincial do PSOE de Lugo e actual edil de Medio Ambiente no Concello lucense, Álvaro Santos, puxo hoxe en dúbida que o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, teña "proxecto" para Galicia.
 
Santos, que dimitiu do cargo hai algúns meses cargando contra a xestión do actual secretario xeral do PSdeG, lembrou que renunciou ás súas responsabilidades orgánicas apelando "a razóns políticas". "E, a día de hoxe, non coñezo que haxa un proxecto concreto, con iniciativas concretas para Galicia", sostivo para ironizar con que "se cadra si que o hai" e "estano trasladando por outras vías" que non lle "chegan" a el. 

Ainda que di estar "apartado da vida orgánica do partido por iniciativa propia", Álvaro Santos asegura que coas súas palabras busca "chamar á reflexión". "Porque é bo e a cidadanía necesita tamén que os partidos progresistas e de esquerdas reflexionen para avanzar", manifestou. 

E é que Álvaro Santos fixera días atrás unha valoración "dos resultados" despois "dos cambios que se adoptaron por parte da dirección provincial", que pasou a estar ocupada pola deputada autonómica Patricia Otero após a súa renuncia, "e nacional do partido". 

CRÍTICAS AO FUNCIONAMENTO INTERNO. Despois de que recentemente Álvaro Santos redactase unha análise no que criticaba os resultados obtidos polo PSOE tanto na provincia de Lugo como en Galicia, o edil de Medio Ambiente de Lugo criticou que aínda non se reunise "o maior órgano de deliberación que ten" o partido para abordar as cifras. "Supoño que non hai maior interese en valoralos", considerou. Nese documento, o edil agradeceu aos compañeiros e compañeiras que o acompañaron con "lealdade e compromiso" durante a súa etapa como secretario provincial e que, segundo indicou, "fixeron" que o Partido Socialista "obtivese uns resultados fantásticos".  

"Conseguíronse uns resultados magníficos para o PSOE na provincia de Lugo (nas xerais de abril) e seis meses despois foron máis de 9.500 votos menos (na provincia) o que significa un peor comportamento que no contexto de Galicia, e un peor comportamento que no contexto de España e merece unha reflexión", finalizou. 
 

Comentarios