lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Alexandre Penas reitera que o Goberno de Lugo recibirá á federación veciñal

Alexandre Penas. SEBAS SENANDE
Alexandre Penas. SEBAS SENANDE

Esta previsto que a xuntanza se celebre a primeira quincena de setembro

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que "o Goberno de Lugo manterá unha xuntanza nas vindeiras semanas coa federación veciñal". Penas explicou que "desde a Federación volven cargar contra o BNG por non avanzar na convocatoria da xuntanza, cando ambas partes establecemos contacto para levala adiante durante as primeiras semanas de setembro".

Alexandre Penas afirmou que "alegrámonos de que a federación veciñal siga adiante coa xuntanza e non sigan a promocionar unha manifestación contra o Goberno de Lugo".

O edil de Infraestruturas destacou o traballo "das veciñas e veciños que dentro do movemento veciñal traballan en positivo para mellorar a cidade". Alexandre Penas afirmou que hai "comunicación directa co movemento veciñal que traballa e loita polo benestar das veciñas de cada zona, sen recibir ordes directas de ninguén".

Alexandre Penas reitera que o Goberno de Lugo recibirá á federación...
Comentarios