Penas e Ferreiro visitan os traballos de arqueoloxía da ronda da Muralla

Os labores relacionados coa humanización do treito da rúa Santiago á rúa Vilalba realízanse coa supervisión de equipos especializados
Un momento da visita aos traballos realizados na ronda da Muralla. CEDIDA
photo_camera Un momento da visita aos traballos realizados na ronda da Muralla. CEDIDA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto con Maite Ferreiro, edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, visitaron, xunto co equipo de arqueoloxía responsable, os traballos de humanización da ronda da Muralla, no treito entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba.

Alexandre Penas destacou que "en poucas semanas poderemos contar cun novo treito da Muralla humanizado, con menos tráfico e pensado para o desfrute da veciñanza".

Os traballos estanse a executar contando coa supervisión de equipos expertos en arqueoloxía.

En todos os traballos deste tipo garantimos que os restos que poidan aparecer se traten da mellor maneira posible

Penas tamén explicou que "en todos os traballos deste tipo contamos con equipos especializados para garantir que no caso de que aparezan restos se traten e cataloguen da mellor maneira posible, como xa se fixo na peonalización de Quiroga Ballesteros".

Ademais, nestes días realizouse a instalación das canalizacións do novo alumeado deste treito, que está a ser renovado. Instalaranse 9 novas luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación ás distintas horas e á luminosidade do día.

O alumeado permitirá variar a luminosidade do monumento segundo a hora do día, mostrando luces de tonalidade cálida na noite e luz fría durante as mañás.

Comentarios