domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

Aitor Esteban desentrañou as peculiaridades de Euskadi nunha conferencia en Lugo

Esteban, xunto a Da Pena e Jaureguizar, este mércores. XESÚS PONTE
Esteban, xunto a Da Pena e Jaureguizar, este mércores. XESÚS PONTE
O portavoz do PNV no Congreso abordou a necesidade de recoñecer e respectar o carácter diverso do Estado español

O portavoz do PNV no Congreso dos Deputados, Aitor Esteban, pronunciou este mércores no hotel Méndez Núñez a conferencia Euskadi, unha nación en Europa.

Organizada polo Ateneo Galeguista e presentada polo seu presidente, Xaime da Pena, e polo xornalista e escritor Santiago Jaureguizar, foi seguida por numeroso público, atraído pola capacidade de oratoria do político.

Entre outras cuestións, abordou a necesidade de recoñecer e respectar o carácter diverso do Estado español e a obrigación de asumilo e traballar para conseguir medidas estables e duradeiras que admitan esa heteroxeneidade.

Aitor Esteban desentrañou as peculiaridades de Euskadi nunha...
Comentarios