Agatrina e a auga

Alejandra Pérez-Batallón Puente fue la ganadora en la categoría de Eso del concurso de microrrelatos Pon tu gota de agua, organizado por El Progreso y la Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Alejandra Pérez-Batallón Puente. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Alejandra Pérez-Batallón Puente. VICTORIA RODRÍGUEZ

Conta a lenda que unha deusa da auga, chamada Agatrina, dedicábase a manter a auga limpa, ata que un día…

Ben, vouvos contar: chámome Xián,teño doce anos e teño que facer un traballo para o colexio sobre un texto. O tema é sobre a importancia da auga. Vale facer unha historia, un conto, buscar información sobre algo… pero eu escollín facer unha lenda porque me parecen moi entretidas e moi interesantes… Eh… non me entreteño máis que se non non acabo na vida… Por onde ía? Ah, si!

...ata que un día Agatrina comezou a ver que o burato por onde pasaba a auga cada vez botaba menos. De primeiras non fixo nada, e pasaron as horas, os días, as semanas… ata que deixou de botar auga e decidiu investigar. Comezou mirando o burato, que era bastante grande (por iso lle parecía raro que non saíse agua), por se había algo atascado, pero non había nada, despois saíu á rúa e nada… Agatrina comezou a seguir o percorrido por onde antes pasaba a agua pero, como sempre, nada, e decidiu seguir investigando máis a fondo para resolver que o acontencido.

Agatrina, que é unha fada que vive no bosque, saíu voando cara a vila para preguntar polas casas se tiñan auga. En todas lle dixeron que non tiñan, e ela preguntoulles:

—Como usades vós a auga?

—Eu gasto moita lavando as miñas leitugas - contestou unha persoa.

—A min encántame darme un bo baño todas as mañás e todas as noites, encho a bañeira ata o tope de auga quentiña - dixo outro.

—Eu lávolle todos os días o pelo ás 25 bonequas que teño - dixo unha nena.

Agatrina deuse conta de que a xente gastaba moita auga todos os días e a estaban esgotando.

Síntoo, teño que ir cear, miña nai anda a berrar por min porque xa é tarde.

Levo toda a tarde escribindo.

...

Xa estou! A cea estaba riquísima. Ceei arroz con albóndigas e de sobremesa a torta que fai a miña avoa, que está para chupar os dedos.

Agatrina, volveu mirar o burato e deuse conta de que tamén estaba cheo de lixo. Pero como ela é moi lista e moi astuta ocorréuselle unha solución que ía levar un pouco de tempo pero que segurísimo ía funcionar, ou iso esperaba, porque se non estaban ben amolados. A solución consistía en que a xente aforrase máis auga, que a reutilizase cando fose posible e que cambiase certos hábitos como ducharse no lugar de darse un baño. Á xente pareceulle ben pero unha persoa preguntou:

—E que facemos mentres non temos auga?

Agatrina quedou cavilando porque non pensara niso. Pensou e pensou e pensou e pensou durante moito tempo ata que deu coa solución.

A xente da vila volveu a reunirse e Agatrina díxolles:

- Mirade, onte estiven pensando no que dixestes e xa dei coa solución. Temos pouca auga e a que temos non sae porque o burato está cheo de lixo. Se o limpamos, creo que sairá a auga que queda.

Limpárono e saíu unha pouca pero non a suficiente para todos. Así que unha nena preguntoulle a Agatrina:

—E ti non podes fabricar a auga? Xa que es a deusa da auga, digo eu que poderás.

—Pode que eu sexa a deusa da auga pero non a podo fabricar, as que a fabrican son as nubes cando chove e pódese coller do río e eu podo limpala, pero se non hai, non se pode fabricar máis. O que hai que facer é aforrala porque iso está nas nosas mans. A auga é moi importante, ti nin ninguén pode vivir sen auga - contestoulle.

E as palabras de Agatrina deixaron a nena coa boca pechada, sen dicir nada, porque se deu conta da importancia que ten a auga e que eles eran os que tiña que coidala e conservala. Por outra banda, Agatrina, ao dicirlle todo iso á nena, reflexionou sobre as súas palabras e díxolles que podían ir a por auga ao río que ela se encargaría de limpala. A todo o mundo lle pareceu boa idea e disculpáronse con Agatrina. De aí en adiante todos aforraron auga: a nena xa non lles lavaba o pelo as bonequas porque se deu conta de que por moi divertido que fose, ao fin e ao cabo, son bonecas e non fai falta lavarlles o pelo; o que se daba todos os días un baño polas mañás e outro polas noites, agora se ducha e se dé un baño os días especiais ou os que está moi canso de traballar… E iso fixo a xente da vila. Antes de usar a agua, pensaban se debían gastala e así foi como empezaron a aforrar auga.

Cando volveu a haber moita auga, Agatrina seguiu co seu traballo, que era limpar a auga e cada final de mes ía visitar o pobo para ver que tal ían e facía algunhas compras.

ENSINANZA: Temos que aforrar auga para que non nos pase o que lles pasou a eles. A auga non é importante, é imprescindible xa que sen ela non podemos vivir, así que quero pedirvos que aforredes auga xa que eu, polo menos, non me quero quedar sen ela. Ademais, hai moita xente que non é tan privilexiada coma nós e non ten tanta auga.

Fin. Gustouvos? Pois este é o meu traballo para o cole. E voume para cama que xa anda berrando por min a miña nai… Ata outro día!

...

Ao final, puxéronme un dez no traballo.

Comentarios