Abren os prazos para a solicitude de prazas nas escolas infantís municipais de Lugo

Haberá un período de 20 días a partir do mércores para tramitala a través da web do Concello
Un grupo de niños en una escuela infantil.AEP
photo_camera Un grupo de nenos nunha escola infantil.AEP

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo anuncia a apertura do prazo de inscripción para ocupar 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais.

Felipe Rivas, concelleiro de Educación, lembrou que "as escolas infantís municipais non só cumpren unha labor asistencial, tamén contan cun proxecto educativo integral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos”.

Destas 142 prazas, ofértanse 28 para nenos de 3 meses a 1 ano, 16 para de 1 a 2 anos e 98 para de 2 a 3, das que, en total, 37 serán para as escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luís Soto Menor, mentres que a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días, e abrirase este mércores 11 de marzo. As familias interesadas, deberán cubrir o formulario que se habilitará na web do concello, e que se poderá recoller tamén no rexistro xeral. Felipe Rivas lembrou que “as familias que desexen máis información poden contactar co persoal da área de Educación ou co teléfono de información do Concello, 010”.
 

Comentarios