jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Aberto o prazo para solicitar o uso dos 150 hortos urbanos do parque do Rato

Hortos urbanos do rato. EP
Hortos urbanos do rato. EP
Os interesados 10 días desde este martes para presentar a documentación correspondente
 

A Deputación de Lugo abre o prazo para que as persoas interesadas en traballar algún dos 150  hortos urbanos dos que dispón no parque do Rato formalicen a súa solicitude. Así se vén de publicar este martes no Boletín Oficial da Provincia, onde se recollen as bases que rexen esta primeira fase de solicitude de parcelas.

Nesta primeira quenda poderán optar aquelas persoas ou entidades que xa foran usuarias dalgún horto urbano con anterioridade, tanto no Rato coma en Paradai. Esta adxudicación formalízase por un prazo de dous anos, que comezará a contar dende o momento no que os usuarios poidan comezar a desfrutalas.

Outros dos requisitos que o solicitante debe cumprir é estar empadroado no Concello de Lugo, ademais de te declarar que non posúe terreos no termo municipal con potencialidade de ser cultivados.

Se unha persoa resulta beneficiaria dalgún dos hortos do Rato e logo, cando se comece coa adxudicación dos hortos do parque do Paradai desexe realizar unha permuta, estará no seu dereito a facelo.

O prazo para que estas persoas fagan a súa solicitude comezará a contar a partir deste martes e habilítanse 10 días para que presenten a documentación correspondente. A asignación dos hortos celebrarse o día 14 de decembro mediante un sorteo no Pazo de San Marcos.

Os hortos que queden libres nesta primeira fase de adxudicación poñeranse a disposición de todas aquelas persoas que nunca tiveran un horto e que queiran optar ao seu desfrute.

No caso da adxudicación dos hortos de Paradai o proceso leva un ritmo diferente xa que dependen de Suplusa, sociedade que se atopa en proceso de liquidación.  

Remodelación dos hortos

A Deputación de Lugo vén de realizar unha remodelación integral dos hortos públicos do Rato e Paradai cun investimento de preto de 80.000 euros. Ampliouse o número de hortos, pasando dos 150 existentes anteriormente ao 175: 150 para o Rato e 25 en Paradai. 

Os hortos son uniformes, cada un deles dispón de 30 metros cadrados. Durante o proceso de remodelación impulsouse un sistema de rega, a través do que cada parcela poderá ter acceso á auga.

Ademais, cada horto dispón de composteiros para que se poidan realizar traballos de autoabastecemento e participar, así mesmo, nas actividades de formación programadas nesta práctica. Neste proceso de renovación mellorouse o firme da terra e os accesos, realizando ademais peches de madeira perimetrais. 

As adecuacións tamén incluíron traballos de roza e poda, realizando melloras silvícolas para propiciar o máis óptimo rendemento da terra. 

Pola súa banda, habilitáronse zonas de cultivo específicas para escolares e para persoas con mobilidade reducida. Nestas áreas incorporouse tamén mobiliario urbano como meses e bancos e instaláronse paneis informativos. 

Aberto o prazo para solicitar o uso dos 150 hortos urbanos do...
Comentarios