Aberto o novo carril peonil na Ronda da Muralla

Arroxo visitou este venres o novo espazo para pasear

O tenente de Lugo, Rubén Arroxo, visitou este venres o novo percorrido peonil habilitado na Ronda da Muralla. A área de mobilidade pechou o carril interno do vial ao tráfico, “habilitando unha nova zona de paseo para peóns de 2,5 kilómetros no centro de Lugo", indicou o edil nacionalista.

"Debido á redución de tráfico, o peche do carril interno da Ronda permitirá aumentar espazos para o paseo, facilitando manter a distancia de seguridade, e non producirá conxestións de tráfico”, afirmou Arroxo, que engadiu que "durante os primeiros días de saídas controladas, tanto a muralla como a Ronda foron os percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear".

Arroxo animou tamén á xente a saír a pasear pola periferia da cidade e sinalou que "Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro".

O tenente de alcalde lembra a recomendación aos veciños que camiñen pola muralla e por este novo espazo de que o fagan "no mesmo sentido que o tráfico". "Nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e camiñar pola beirarrúa dereita", indicou.

Comentarios