miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

A sepultura de Xoán Montes xa ten unha base de mármore nova

Arroxo, López e Ferreiro, no cemiterio. EP
Arroxo, López e Ferreiro, no cemiterio. EP
Arroxo, López e Ferreiro visitaron o cemiterio municipal, onde se está a restaurar a tumba do músico lucense

A sepultura de Xoán Montes conta cunha nova base de mármore para a lápida. O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, visitou o cemiterio municipal, onde se atopan os restos do músico, cuxa tumba se atopa en proceso de restauración.

"A unidade de enterramento número 329 do cemiterio municipal, na que se atopan os restos de Xoán Montes, contará cunha nova base de mármore similar ás utilizadas nas sepulturas da época, co fin de dar recoñecemento a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo", explicou Cristina López, edil de Participación, que estivo con Arroxo e coa concelleira de Cultura Maite Ferreiro no cemiterio. 

O Concello tivo que declarar como ruina a unidade de enterramento de Montes e pasala a titularidade municipal para poder acometer os traballos de limpeza e restauración. "Desde as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos desde o inicio deste mandato en lembrar a figura de Xoán Montes, fundador da nosa Banda Municipal", lembrou Cristina López.

A edil recordou tamén que o ano pasado, restaurouse o busto do compositor e trasladouse á Praza Maior.

A sepultura de Xoán Montes xa ten unha base de mármore nova
Comentarios