Xosé M. González Reboredo: ''Nuestra sociedad es desequilibrada, le falta la 'pata' de la gente joven''

O Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego publica en Xerais un libro que aborda un dos problemas máis acuciantes de Galicia: a caída da natalidade. O coordinador do centro, Xosé M. González Reboredo, acude á presentación en Lugo e desgrana nesta entrevista algunhas claves

A obra Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinada por Manuel Blanco Desar, será presentada hoxe ás oito na librería Biblos, coa presencia, entre outros, do coordinador do Instituto de Estudos das Identidades. Este lucense abre o libro cunha reflexión sobre o suicido demográfico de Galicia e as súas implicacións culturais.

Por que a baixa natalidade é algo que ten que preocupar como sociedade e non ser só unha cuestión privada?

Ao longo de todo o libro queda claro que a razón non é única senón múltiple. Hai razóns de tipo económico porque non hai xente que supla ao sector activo neste momento e vai crecer o problema no futuro. Hai razóns de tipo social porque temos unha sociedade desequilibrada, cunha excesiva presenza de xente maior e con falta de persoas nos tramos máis novos, digamos que lle falta esa ‘pata’. E tamén hai razóns de tipo cultural, que son as que persoalmente me interesan máis aínda que non porque sexan máis importantes que as outras. Como todos os etnógrafos sabemos a cultura se transmite por un proceso de comunicación interxeracional, de xeito que as xeracións máis vellas transmiten os seus valores e crenzas, a súa maneira de concebir a vida. Neste caso se rompe a transmisión por falta da estación más nova. É certo que non é que as culturas sexan inmóviles pero xeralmente os cambios son progresivos e non se produce unha ruptura radical co pasado.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios