Xosé Lombardero: ''Para os nenos estes son xogos novos cos que gozan''

ADE0802P131F1.JPG
photo_camera ADE0802P131F1.JPG

Que días e onde serán estas tres xornadas?

Comezaremos o día 3 de agosto na Praza Maior, o día 10 estaremos no Parque de Rosalía e remataremos o 24 na Praza de Santa María. Os horarios son de 16.00 a 20.00 horas.

Que se atopará a xente que se achegue a estes xogos?

O primeiro día a xente poderá participar nos xogos tradicionais recuperados por nós, como o bolo, o tirapedras ou o nabo ao caldeiro. O día 10 ademais incluiremos xogos de competición, como a chave, o lanzamento de boina ou o corte con tronzón. Na última xornada, o día 24, temos organizado un obradoiro no que construiremos papaventos pegados con patacas cocidas, zoadeiras, chiflos e unha especie de frautas con canudos de trigo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios