Xohán Rompe: ''Xan Carballal compuxo unha peza para o meu poema épico''

Xohán Rompe
photo_camera Xohán Rompe

Xohán Rompe. Autor do texto 'A viaxe de Brandán', que se estrea en Burela interpretada pola escola de música.

Como xurdiu o proxecto?

‘As viaxes de Brandán’ é un poema épico en galego, baseado nunha das lendas célticas máis coñecidas, ao máis puro estilo dos cantares de xesta como ‘La Chanson de Roland’ ou o ciclo de lendas artúricas. O director da Orquestra Sinfónica de Xove, Xan Carballal, pidiume que fíxese un guión teatral sobre o poema, para o que compuxo especialmente unha obra musical do mesmo título.

En que consiste a montaxe?

A obra teatral non abusa do diálogo, xa que moitas esceas se entenden coa súa representación, o cal lle dá certo protagonismo á música interpretada pola Orquestra Sinfónica de Xove, que incluso utilizará instrumentos célticos. O libreto teatral narra os preparativos da viaxe e a súa despedida, cunha fonda historia de amor entre Brandán e Lenny. Será unha interesante mestura de teatro e música.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios