Xavier Barros: ''Galicia a nivel geológico es un museo, tenemos las rocas más viejas de toda la Península Ibérica''

Xaviar Barros coa catedral ó fondo. Foto: MIGUEL VÁZQUEZ
photo_camera Xaviar Barros coa catedral ó fondo. Foto: MIGUEL VÁZQUEZ

Organiza e guía os programas do Concello ‘Lugo pedra a pedra’ e ‘Terras da auga e a cultura’, un novo xeito de coñecer a cidade e os arredores a través das historias que contan as pedras.

Apaixoado das rochas e a natureza dende cativo, o xeólogo Xavier Barros estudou durante anos a formación xeolóxica da provincia para descubrir pequenos e grandes tesouros que hoxe conforman a nosa paisaxe e historia.

Dende cando se adica á xeoloxía?

Á xeoloxía como tal en sentido estricto desde hai tres anos, a miña formación é en ciencias da terra e fixen un pouco de todo hasta 2011. Participei nun proxecto de restauración do impacto ambiental en Friol, creei para o departamento de cartografía da Universidade de Vigo un sistema de información xeográfica e, por circunstancias da vida, estiven dous anos sen saber exactamente que facer e por onde orientarme porque a miña especialidade está moi ligada, industrialmente, ao tema da obra pública e a construcción. Foron dous anos nos que non sabía moi ben cara onde tirar e un amigo, apaixonado pola natureza, incitoume a crear algo. E así foi. Realmente sempre me gustou o tema da xeoloxía, non é tan técnica, é científica pero ten unhas compoñentes subxectivas, máis filosóficas, artísticas... A xeoloxía ten unha base científica moi sólida e contundente, pero despois xogamos coa parte do tempo no que ninguén estivo alí nos sitios e o planeta ten 4.600 millóns de anos... Iso sempre me gustou, pero tanto o sistema educativo como o de traballo deste país non favorece que te orientes por aí.

En que estivo traballando estes anos?

Realmente, en labores de campo. A idea foi ver que partido se lle pode sacar a esta zona. Galicia desde o punto de vista turístico e paisaxístico tivo desde sempre moita sona, pero orientado a un ámbito moi repetido que é a costa. Agora empézase a falar máis do interior, entón pensamos en como podíamos darlle unha volta de folla, sacar algo que non estea xa explotado. E sempre cunha

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios