''Ya lo decía Fraga: 'Juntos vamos a más; separados, al carallo''

Ao edil popular de Lugo Enrique Rozas o que máis lle gusta é manter unha relación directa cos seus conveciños.

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é a relación coa xente. O que menos, os conflictos.

2. Se volvera empezar, adicaríase a…

Creo que ao mesmo, gústame o que fago.

3. O soño que máis se repite é...

Non teño ningún soño salientable.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Algo non, estraño aos meus seres queridos que xa non están. Lémbrome da miña afillada Laura.

5. ¿A quen admira?

Aos meus pais.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta e que se poida contar?

Si, de non ter rematado a miña carreira universitaria.

7. ¿Que cita subscribiría?

«Xuntos imos a máis e separados imos ao carallo», de Manuel Fraga Iribarne.

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Si, claro, ao Partido Popular.

9. ¿Que coche ten?

Un Ford Focus.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que ten mercado?

Un reloxo.

11. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A miña vivenda.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Algunha fixen, pero penso que son cousas que non se deben contar.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Non o sei, tería que velo chegado o momento.

14. ¿Teñen algún pacto?

Non, non fai falla.

15. O máis difícil da convivencia é...

A propia convivencia.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non lle envexo nada, pero admiro a súa fortaleza e capacidade de sacrificio.

17. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

‘El asesinato de García Lorca’, de Ian Gibson.

18. Non sae da casa sen...

O teléfono móbil.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula.

20. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Unha botella de auga.

21. Pérdeo un bo ...

Postre.

22. Séntese cómodo vestido con...

Sempre coa roupa axeitada para o momento do que se trate.

23. ¿Que calzado lle gusta levar en cada ocasión?

Como o traxe, o que a ocasión requira.

24. Unha peza que deteste ...

O paraugas.

25 . As mellores vacacións da súa vida foron ...

As que pasei en Benquerencia.

26. A súa viaxe soñada sería a...

A calquera sitio, pero coa miña filla e a miña muller.

27. A paisaxe que máis o impresionou foi ...

A cidade e os arredores de Brujas.

28. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘El conde de Montecristo’, ‘Johnny cogió su fusil’ y Maná

29. A súa materia pendente...

Aprender inglés.

''O PP É O MEU PASADO, O MEU PRESENTE E O MEU FUTURO''

1. Tivo un entendemento especialmente bo coa xente do deporte durante a súa etapa á fronte da xerencia deste patronato no Concello de Lugo, sendo rexedor Vicente Quiroga. ¿Foi a súa etapa política máis feliz?

Sen dúbida. Fun xerente do patronato de deportes con Vicente Quiroga, Tomás Notario e Joaquín García Díez. Foi moi doado traballar con eles, cos concelleiros de deportes e con todo o persoal do patronato.

2. O PP cambiou de líder municipal varias veces nos últimos anos, ¿con cal deles a relación de partido deu paso a unha de amizade?

No meu caso, en xeral, a relación de amizade foi anterior ao seu nomeamento como líderes municipais.

3. Pola contra, sempre tivo enfronte a Orozco, ¿cal é a súa relación persoal con el?

Non vou negar que houbo momentos duros, pero na actualidade a relación persoal é cordial.

4. Os lucenses destacan de vostede a súa cortesía e amabilidade permanentes, o ‘talante’ que defendía Zapatero ...

Agrádame que teñan ese concepto meu, porque procuro ser educado e respectuoso cos demais. Pero, sen ánimo de ofender, coido que o ‘talante’ de Zapatero era pura fachada.

5. Faga unha aposta: o seu futuro político pasa por...

O meu pasado foi o PP; o presente, o PP, e a miña aposta polo futuro político segue a ser o PP.

Comentarios