''Venderemos bocadillos e abriremos unha tenda''

ADE1912P109F1.JPG
photo_camera ADE1912P109F1.JPG

Por que esta campaña para recadar fondos para Haití?

Todos os anos organizamos, no colexio A Milagrosa, a Semana de Vocación Misión, que consiste en recadar diñeiro para algún país onde estea presente a congregación que dirixe o colexio, a das Fillas da Caridade. Este ano decidimos facer a campaña Os Almorzos de Haití, onde esta congregación dirixe,en Gonaïves, o colexio San Francisco de Asís, nunha zona de chabolas e bandas armadas, e o colexio San Vicente de Paúl, nun lugar onde non hai nin árbores nin auga.

Que actividades farán?

Durante toda a semana que vén, teremos os bocadillos solidarios, que venderemos aos alumnos por un euro e que farán as nais. Todo ese diñeiro irá para Haití. Tamén abriremos unha tenda con obxectos de artesanía feitos pola comunidade educativa e na que se poderán comprar broches, coleteiros e marcapáxinas, entre outras cousas. Estará aberta os días 12, 13 e 14, de unha e media a cinco.

¿Pasan moitas necesidades os nenos deses colexios de Haití?

Moitas veces maréanse por desnutrición. As monxas danlles dúas comidas: o almorzo, cando entran na escola, o e o xantar, ás doce.

Comentarios