Varios colectivos piden a la Fiscalía que actúe para salvar el yacimiento de Coeses

Entrega de informes sobre Coeses nos xulgados. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Entrega de informes sobre Coeses nos xulgados. (Foto: Xesús Ponte)

Representantes de Adega, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Cultura do País e Lugo Patrimonio presentaron onte nos xulgados de Lugo unha solicitude dirixida ao ministerio fiscal para informarlle do perigo que corre a integridade do excepcional conxunto arqueolóxico atopado en Coeses, nas obras da autovía Lugo-Santiago (A-54) e pedirlle que tome medidas para a súa protección.

A Consellería de Cultura informou da aparición dun círculo tumular moi novidoso en Galicia, tanto pola súa forma como pola dimensión e a cronoloxía, xa que se sitúa na última etapa da Idade do Bronce. Cultura decretou a preservación dese achádego e obrigou ao Ministerio de Fomento a desprazar o trazado da autovía. Porén, a vía só se moveu vinte metros, polo que pasa de cheo por unha parte do xacemento que varios técnicos -tanto arqueólogos que traballan no xacemento como especialistas da Xunta- consideran de igual importancia. A súa hipótese é que ambos espazos conforman a necrópole (de incineración e de inhumación) do castro de Valente, situado a uns 200 metros en liña recta, e que, polo tanto, é todo un conxunto arqueolóxico de excepcional importancia..

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios