La USC inicia el Campus Terra sin pasar por el claustro para no perder tempo

O Campus Terra, o plan de especialización co que o goberno da Universidade de Santiago quere poñer freo á perda de alumnado no campus de Lugo, xa está en marcha, aínda que non pasou polo claustro. O proxecto íase presentar para a súa aprobación na sesión que este órgano celebrou o pasado mes de decembro, pero cancelouse debido ás protestas polos recortes e pola anulación de prazas de docentes. O goberno da USC seguiu adiante co plan igualmente porque, segundo indicou o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, considera que é urxente poñelo en marcha e esperar a próximas convocatorias -vólvese celebrar este venres- supoñía retrasalo moito.

Segundo García Herradón, xa está formada a comisión que traballará no desenvolvemento do plan, co que se pretende dar máis visibilidade ás titulacións que se imparten no campus, promover a internacionalización e a captación de fondos e alumnos, e definir liñas interdisciplinares entre os distintos centros.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios