A USC fixa catro convocatorias como máximo nos estudos de grao e dúas, nos másters

O consello de goberno da Universidade de Santiago deu o visto bo ao texto definitivo da Normativa sobre Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster. O alumnado poderá concorrer a un máximo de catro convocatorias en estudos de grao e de dous nos de máster. Estas serán sucesivas sen que sexa posible renunciar a elas despois de pechar a matrícula.

Entenderanse esgotadas as convocatorias cando non se sometan a ningunha das dúas avaliacións, de xeito que o ‘non presentado’ da primeira oportunidade permita concorrer á segunda sempre que non o impida a guía de centro.

A normativa tamén establece que a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presente ou non supere os obxectivos propostos será de suspenso. agás que non se realice ningunha actividade académica. Nese caso constará como ‘non presentado’. Con todo, admitirase unha renuncia sen causa por cada materia.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios