Uns 40 estudantes da USC obterán o título de avogado en Lugo cada ano

Casares, Mondelo e Orozco, onte en Lugo (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Casares, Mondelo e Orozco, onte en Lugo (Foto: Xesús Ponte)

Uns corenta estudantes de Dereito da Universidade de Santiago acabarán a partir de agora cada ano os seus estudos en Lugo, despois de que a USC e o Colexio Oficial de Avogados chegaran a un acordo segundo o cal o órgano lucense impartirá o Máster da Avogacía. O convenio foi asinado onte polo reitor, Juan Casares, e polo decano, Félix Mondelo, en presenza do alcalde da cidade, José López Orozco; da secretaria xeral da Universidade de Santiago, Lourdes Noya, e do director da Escola de Práctica Xurídica do colexio lucense, Miguel Caraduje. Tamén estivo presente a vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández.

Coa adaptación dos estudos de Dereito ao Espazo Europeo de Ensino Superior, a licenciatura, de cinco anos, converteuse en grao, de catro, e estableceuse como requisito para a obtención do título profesional de avogado a realización dun máster de case dous anos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios