lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

La Universidad de Verano oferta en septiembre un curso sobre gestión de lodos

A oferta da Universidade de Verán 2012 da USC en Lugo inclúe este ano un curso sobre as posibilidades de aproveitamento dos lodos de depuradora como fertilizante en terreos agrícolas, forestais ou espazos degradados. A actividade está organizada polo Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (Ibader), en cuxa sede se celebrará entre os días 5 e 7 de setembro. As directoras do curso son Elvira López Mosquera, directora do Ibader, e a profesora do Departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior Rosa Mosquera Losada.

O encontro comeza o día 5 de setembro con varias mesas redondas sobre a lexislación europea española en canto ao uso de lodos de depuradora, así como os elementos potencialmente contaminantes. A xornada péchase con senllos relatorios sobre contaminantes orgánicos e o problema dos cheiros e a súa mitigación.

Consiga AQUÍ la información completa

La Universidad de Verano oferta en septiembre un curso sobre...
Comentarios