Una muestra ilustrará sobre Ben-Cho-Shey y su época

Mario Outeiro e Ramiro Cuba, na presentación na mostra (Foto: Tejero)
photo_camera Mario Outeiro e Ramiro Cuba, na presentación na mostra (Foto: Tejero)

A figura e a época histórica de Xosé Ramón e Fernández Oxea -máis coñecido polo alcume co que firmou moitas das súas obras, Ben-Cho-Shey- será obxecto dunha exposición fotográfica que se abrirá a semana próxima no Museo Provincial, dentro das actividades do Ano Ben-Cho-Shey que a Área de Cultura da Deputación vén celebrando desde o pasado mes de xuño. A mostra foi presentada onte polo delegado provincial de Cultura, Mario Outeiro, e polo seu comisario, Ramiro Cuba.

A exposición, denominada ‘Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918 -1968)’ cobre un arco temporal que comeza no 1918, no que se celebra en Lugo a Asemblea Nacionalista auspiciada polas Irmandades das Fala, e 1968, cando Ben-Cho-Shey declara no Tribunal de Orden Público a favor de tres mozos lucenses, detidos pola campaña ‘Libertade pra Galicia’.

Consiga AQUÍ la información completa

Más en Lugo Ciudad
Comentarios