Una cobaya muy aplicada

Alumnos respondables dun roedor.
photo_camera Alumnos respondables dun roedor.

PElusita é unha cobaia con sorte. Ten de amigos aos cativos que cursan primeiro de primaria no Galén e non é obxecto de ningún experimento científico. Eles encárganse de coidala e ela agradécello amosándolles algúns dos moitos segredos que agocha.

O dono de Pelusita é un rapaz amigo de Mila, a profesora, e cando os cativos marchan de vacacións faise cargo dela, aínda que a máis dun rapaz na clase gustaríalle poder levala uns días á casa.

O primeiro trimestre estúdanse os animais, e velaí que Mila pensou en Pelusita para que os seus alumnos interactúen coa cobaia e á vez adquiran novas responsabilidades. Encárgalles a dous deles os coidados da roedora marrón e branca, en quendas semanais.

Carolina repara en que Pelusita é moi «escurridiza». «Buena» e «traviesa», son os dous adxectivos que engaden as súas compañeiras Icía e Carolina F. para describir á súa pequena e peluda mascota.

Onte Pelusita relaxábase cun bo baño antes das fotos -esa é a tarefa preferida de Cristian-, pero aínda así andaba nerviosa pola presión mediática. Manuel alertaba de que non lle tocasen «no lombo», porque «pode interpretalo coma unha agresión», di. Sergio era partidario de «mirala aos ollos» e aloumiñala «no fociño», tranquilizándoa da presenza de dúas persoas estrañas na aula.

A estes nenos gústalles coidala, e distráense cada día un chisco dos seus labores para vela comer, segundo coinciden Miguel, Bruno, Raúl, Raquel, Joel ou Íker. Nerea e Senén desfrutan mirándoa ascender pola costa que hai no interior da súa gaiola ata a parte alta. Alí semella atenta e enfrascada nas explicacións da clase, coma unha máis. Paula e Jesús están encantados con ela e son amigos de implícala en moitas máis actividades.

En todos eles medra a empatía cos animais e o respeto por eles.

Comentarios