La Uned ofrece cursos sobre vejez y ocio y nuevas tecnologías en verano

O centro asociado da Uned de Lugo e as aulas de Foz, Monforte e Viveiro poñen en marcha unha nova edición dos cursos de verán que terán como novidade a recepción por videoconferencia. Os que se inscriban antes do 25 terán un desconto.

A oferta inclúe un curso sobre ‘Envejecimiento, ocio y tiempo libre’, do 9 ao 13 de xullo e outro de ‘Comunicación y márketing en las redes sociales’, do 16 ao 20 de xullo, ámbolos os dous cun contido de 35 horas lectivas e equivalentes a 1,5 créditos ECTS para os graos e tres créditos de libre configuración para as titulacións de plan vello.

O terceiro curso titúlase ‘¿Qué son y como funcionan los gestores de contenido?’, e desenvolverase entre o 18 e o 20 de xullo. Consta de 20 horas lectivas, e supón un crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos para o profesorado de primaria e secundaria en activo.

Comentarios