Un home bo e xeneroso

ADE2212P53F1.JPG
photo_camera ADE2212P53F1.JPG

don uxío é un home ‘bo e xeneroso’. Si, pódenselle aplicar con toda propiedade estas palabras do noso himno. Coñecino aló polo 1960, cando pasei do Seminario Menor de Lourenzá ó de Mondoñedo e el era Vicerreitor e Secretario de Estudos. Foi profesor meu de Literatura, Música, Historia da Arte e Introdución á Sagrada Escritura e tivemos moita relación, pois eu era o encargado da multicopista e facíalle as copias das partituras para o ensaio de cantos.

De don Uxío cómpre salientar a dispoñibilidade para todo o que se lle pida, a sinxeleza para abaixarse a quen queira que sexa, o espírito observador, a actitude de servizo ós demais, a fidelidade á súa terra e ós seus homes, o talante de persoa tolerante, pero con firmeza de criterios, os amplos coñecementos e a curiosidade por saber máis, as súas profundas convicións relixiosas. É un home acolledor, respectuoso cos demais e coa súa maneira de pensar. Podemos afirmar, sen dúbida e sen medo a esaxerar, que don Uxío é o ‘vir iustus’ de quen nos fala a Sagrada Escritura. Un home ‘bo e xeneroso’.

Comentarios