«A campaña do Hula é veciñal, non dun partido, é un dereito e non se vai volver en contra»

"¿Un goberno de esquerdas sen min ou un do PP? O 24 falamos"

López Orozco aspira ao seu quinto mandato e insiste en facer a entrevista nun banco do Parque, onde antes se fotografou. A rúa foi sempre o seu mellor escenario e nunha constante posta a proba, parece que busca demostrar que, a pesar do lío xudicial, os cidadáns non dubidan del. E consígueo. Á veciña de Montero Ríos que se lle achega só lle preocupa o xardín
José López Orozco
photo_camera José López Orozco

Di que a súa primeira acción se repite como alcalde será xestionar o saneamento da zona rural, onde o PP leva anos gañándolle. É un guiño aos veciños?

Non, é unha necesidade moi importante, para os veciños e para o medio ambiente.

Á marxe do gasto social, cal diría que foron as principais accións do Concello neste último mandato?

O traballo no vello cárcere, no mercado, a casa das novas tecnoloxías e o haber aprobado, aínda que non executado, case 8 millóns de remanentes en gasto social, en vías urbanas e en pistas rurais.

Di que vai rescatar o plan de mobilidade, reformar a Ora, arranxar os paneis das paradas de buses, convocar prazas en bombeiros... ¿Que pasou estes anos para non poder facer estas e outras actuacións?

Eu diría, imos ver, houbo sempre que esperar actuacións externas a nós para poder tomar decisións. Por exemplo, o caso da Ora.

Actuacións moitas veces procecentes dos xulgados.

Si, no que se refire á Ora. Agora non recordo, pero non sei canto tempo estivemos esperando que o xulgado nos mandara o expediente.

É innegable que as investigacións alteraron a xestión municipal.

Claro que lle dedicamos moitas horas a enviar os expedientes que nos pedían, pero eu non o poñería como responsable. Tivemos os orzamentos prorrogados no 2014, isto tivo tamén a súa influenza... E logo hai outra cousa, con respecto aos bombeiros, o feito de que en xuño de 2012 se prohibira a reposición de efectivos, que logo se modificou precisamente gracias a unha petición que eu fixen na Femp, pois non podíamos convocar as oposicións, que logo os sindicatos tamén eran reacios a que se convocaran. Para que ter un conflito cos sindicatos?

Nós si xestionamos, pero que fago ante a discriminación que está sufrindo Lugo e a provincia? Cal?

Os sindicatos eran reacios? Primeira nova, e por que?

Pois si, si, pois non sei por que.

Sobre a influenza na xestión, referíame ao medo que agora teñen os funcionarios, a que todo custa máis, como din os seus propios concelleiros. Non o comparte?

En certa medida si, pero tampouco demasiado. Foi sobre todo nos primeiros tempos. Eu recordo cando se nos pediu absolutamente todo. Acórdese que tivemos que ter nove persoas destinadas unicamente a cumplimentar aquelo que nos pedía o xulgado. Igual o os funcionarios no momento de estampar a firma miran un pouco máis, pero sempre miraron.

Que lle suxire o nome de Francisco Fernández Liñares?

Pois unha persoa que, se é certo todo canto se di, me decepcionou totalmente.

Vostede defende sempre a súa honestidade, e seguramente non hai moita xente que a poña en dúbida, pero outra cousa é a responsabildiade política. Segue sen vela?

En absoluto. Vexo a responsabilidade política no sentido de atoparme con xente en paro, xente que necesita axuda para comer, para comprar medicamentos ou para pagar o comedor dos seus fixos.

Nin sequera no feito de non ver o que sucedía?

Non, en absoluto, nunca tiven nin o máis mínimo atisbo, nin ninguén me comunicou o menor atisbo sobre o que está publicado.

E iso encaixa co feito de que traballaran xuntos case dez anos?

Encaixa porque eu podía falar de cousas contrarias a iso, de xestións reais que se facían para aforrar cartos ao Concello e aos contribuíntes.

"Goberno e oposición  Liñares O que se di non encaixa con xestións reais que facía para aforrar cartos aos cidadáns"

Quen o facía? Liñares?

Si. O outro foi unha auténtica sorpresa. De confirmarse, faime ver a unha persoa que eu non coñecía.

E o nome de Pilar de Lara?

Pois unha xuíza que me imaxino que fai o seu labor conforme a dereito e que bueno, bueno, bueno..., Non digo máis. Nin como alcalde nin como cidadán debo criticar a xustiza, que para iso ten outros mecanismos, e cando foi necesario aplicámolos, como foi pedir insistentemente a apertura do segredo de sumario, e foi a Audiencia quen dixo que se abrira.

Non di máis pero o corpo pídello.

Si, pero é mellor que pase tempo para dicir as cousas no seu propio sentido e non deixado ir polo que levo sufrido. Agora, son inocente e é durísimo, como demostrou o último informe de Vixilancia Aduanera, a partir de que eu presentei voluntariamente todas as miñas contas dende 1999 ata uns días.

Non dubido de que o faría se se dera o caso, pero voluntariamente non foi. O informe fíxose por mandato xudicial.

Bueno, mandaríanlle, pero as miñas contas están presentadas. Déronlle a volta ao calcetín. Non creo que haxa cidadán que teña as súas contas tan ben recollidiñas nun informe para saber cando vendín, cando comprei... Eu e a miña familia.

Traballa para ter maioría absoluta, pero que pasará se non a ten?

Traballo para ter unha maioría que me permita gobernar co meu proxecto. As maiorías absolutas están moi caras no mercado. A partir de aí, pois falarán os veciños e logo falarán os partidos.

Os partidos xa están falando e piden a súa cabeza para pactar. Facilitaría antes un goberno de esquerdas con outra persoa ao fronte ou deixaría que gobernara o PP?

Niso eu non pensei, pero Lugo necesita que un alcalde de esquerda siga liderando esta cidade, porque de dereita sabémolo ben en Galicia co señor Feijóo e en España co señor Rajoy. E experiencias do que foron gobernos de dereita aquí no Concello témolas dabondo.

Pero non cre que é xusto que os cidadáns saiban a que aterse?

Pero iso [o rexeitamento por imputación] dino uns partidos políticos. Eu non escoitei a ningún veciño que dixera iso. Se non ao contrario, traballe, loite...

Pero o xogo político é o que é, e, insisto, pode darse ese escenario.

Isto é o que nos demostra que sería bo ter unha segunda volta.

Cousa que non contempla a lei...

Se non o permite..., pois entón a partir do 24 falamos. Antes, imposible, entón si que os enganaría.

Se non é alcalde estará catro anos na oposición?

Vou permanecer na oposición facendo o que teño que facer.

Comentarios