Un desinteresado y romántico futbolero

A manuel Díaz Souto, ‘O Neno’ para os amigos, defíneo unha verba: POLÉMICO, con maiúsculas. Polémico por devoción e futboleiro por vocación. Coñecino hai máis de 40 anos, transmitiume a súa paixón polo fútbol, no que me iniciei con el no campo do Seijo (Avenida da Coruña), nas pistas polideportivas do instituto e na S.G. Comercial, da que fun co paso do tempo capitán e «ilustre abuelo». Non deixa indiferente a ninguén, nin de dereitas, nin de centro, nin de esquerdas. O Neno é da S.G. Comercial, a sua paixón e vocación que dura xa máis de 40 anos. Traballo, esforzo e sacrificio polo fútbol base, en definitiva, pola canteira, iso simboliza O Neno.

Comentarios