''Las locuras no son buenas, ¡ni las que se hacen por amor!''

Arcadio Silvosa, periodista en excedencia e concelleiro do PP, di que agora quere traballar por Lugo

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle amola do seu traballo?

Non me desgusta nada en especial, en cambio, é moi agradable o feito de poder facer unha aportación persoal para mellorar a calidade de vida dos lugueses.

2. Se volvese empezar, adicaríase a...

Seguro que voltaría a facer o mesmo e na mesma orde: xornalismo, política... e o que veña.

3. O soño que máis se repite é...

Un mundo en paz e afastado da envexa.

4. ¿Estraña algo do que ten deixado atrás?

A desaparición de seres queridos.

5. ¿A quen admira?

A quen fai ben as cousas, sexa no ámbito que sexa.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta e que se poida contar?

De moitas cousas, pero non as vou contar.

7. ¿Que cita subscribiría?

«Procure non ser un home con éxito, senón un home con valores», de Albert Einstein.

8. ¿Que coche ten?

Un Renault Scenic de segunda man.

9. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Non teño grandes caprichos e para o único no que non reparo en gastos é para a compra de calzado deportivo para correr, que é unha das miñas grandes paixóns.

10. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Un par de reloxos.

11. Unha toleada que fixera por amor...

As toleadas son desaconsellables, incluso as que se fan por amor.

12. ¿Que non lle perdoaría á súa parella?

Todo se pode perdoar.

13. ¿Teñen algún pacto?

Nunha parella non fai falla ningún pacto.

14. O máis difícil da convivencia é...

Convivir non debe ser difícil.

15. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non, e para el só teño verbas de admiración.

16. ¿Que libro está a ler?

‘La caída de los gigantes’, de Ken Follet.

17. Non sae da casa sen...

O teléfono móbil.

18. ¿Que pecados capitais desculpa?

Sen ningunha dúbida, a gula.

19. Nunca falta na súa neveira...

Iogures.

20. Pérdelle un bo...

Mencía da Ribeira Sacra de Lugo.

21. Séntese cómodo vestido con...

Roupa informal.

22. ¿Que calzado lle gusta levar?

Prefiro que non teña cordóns.

23. Unha peza que deteste...

A gravata, pero xa me vou acostumando.

24. As mellores vacacións foron...

As que pasei na miña aldea de San Xiao de Mos, en Castro de Rei.

25. A súa viaxe soñada sería a...

Máis ben é unha curiosidade: a Ciudad Juárez, en México.

26. A paisaxe que máis o impresionou...

As pradeiras xeadas da Terra Chá e a Ribeira Sacra no outono.

27. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘Territorio comanche’, de Pérez Reverte; ‘Marathon Man’ e Maná.

28. ¿Cal é a súa materia pendente?

Ser avó.

"CACHARRO É UN SEÑOR QUE ENGRANDECE OS DEBATES"
1. Despois de moitos anos, deixou os asentos reservados á prensa no Concello para ocupar os dos concelleiros. ¿Non añora, ás veces, volver xunto aos seus excompañeiros?

Como sigo sendo xornalista, cunha excedencia especial por cargo público, non os considero excompañeiros. Ademais, ao estar centrado na miña actual actividade, nin se me pasa pola imaxinación ir á zona de prensa, que, por certo, debería estar mellor acondicionada.

2. Trala súa fichaxe polo PP, correu o chisme de que o mundo estaba ao revés: Silvosa deixaba a Ser e Cacharro iniciábase como comentarista nesta cadea...

Cacharro xa levaba tempo como opinador na tertulia de Paco Nieto antes de que eu accedera á política. El é unha persoa que engrandece os debates e eu agardo achegar algo positivo á vida pública deste concello. Pertencer a un medio ou a outro non debería servir para prexulgar nada.

3. Das cousas pouco amables que dixeron de vostede, ¿algunha o molestou especialmente?

Cando un fai as cousas con convicción, pouco ou nada debe importar o que digan. É certo que intentan molestar con invencións, pero só presto atención ao que me di a xente que aprecio. Os demais perden o tempo.

4. ¿Aínda queda algo na súa vida que lle gustaría cambiar?

Si, poder aportar algo dende o meu posto para mellorar este concello, e penso que é posible.

Comentarios