Ti ao norte e eu ao sur

Antes de saír de viaxe ía telefonear a Orestes Suárez fillo, para dicirlle que non podía acompañalo a festa do partido demçorata norteamericano do martes día 4 en Casa de América, cando soa o móbil e era el mesmo para dicirme que se ía a Denver a ver a movida electoral en persoa. E como estabamos convidados persoalmente pola presidenta do partido Demócrata en España, Alana Moceri, falei con ela para escusarme e dicirlle que me ía a outra festa en Santiago de Chile, a do centenario de Salvador Allende. Atopeina feliz e emocionada polo interese con que se vivía en España esta campaña á Casa Blanca
Parecía unha desas comedias americanas amables: Ti a Boston e eu a California. Dous de Lugo, un o norte e a outra o Sur.

O rapaciño novo, fillo dun veterano socialista, que nos deixou prematuramente, quere saborear o que se sente ao alcanzar ao futuro a partir da esperanza, sentir o que escoitou  a seu pai de como as veces os soños se fan realidade.

É todo un paradoxo. Eu diríxome o sur, levando no corazón as lembranzas dos compañeiros desaparecidos coma o seu pai, ou coa imaxe do meu propio pai diante do televisor aquela tarde de setembro do 73, co semblante apesadumado ante as escasas novas que chegaban do golpe de Estado en Chile. Só repetía: ¡era visto!¡estos gringos!

Dende aquela o mundo mudou moito, e a película Missing, feita por gringos, para denunciar a política imperialista do seu país, deu boa conta da dimensión daquela traxedia en Chile, ata conmover ao mundo enteiro. A Administración norteamericana, continuou coa súa política intervencionista. Iso si, perdendo tódalas batallas, incluso a da historia que a gañou Salvador Allende.

Allende como todos os iconos nunca morren e nestes dias está maís vivo que nunca, e  para celebralo seu centenario o mundo enteiro conspirou para agasallalo con un novo tempo, tamén no Norte. Que tivera sentido pleno o seu famoso discurso das alamedas.
Hoxe Norte e Sur aproximan a súa linguaxe política. Asistimos a discursos e concertos que pechan unha era e abren outra nese continente. América xa non está dormida.

De ida fago escala en Sao Paulo, para ver as amistades, e tamén por reatoparme con este Brasil máis tranquilo que nunca e vibrante coma sempre, que desenvolve o seu propio modelo solcialdemocrata a ritmo de bossa nova, pasando de crise e permitíndose observar ao resto do mundo nas súas cuitas financeiras. Vexo a Lula exercendo como digno discípulo daquela xeración de homes únicos como Allende.

Comentarios