''Teño unha gran variedade de bacallau e de legumes''

Aurora de la Peña (Foto: EP)
photo_camera Aurora de la Peña (Foto: EP)

Aurora de la Peña rexenta un posto novo na praza de abastos, Comestibles Nocri

Que se pode atopar en Comestibles Nocri?

Fundamentalmente, bacallau e legumes, Pareceume que na praza non había postos con moitas especialidades e variedades de bacallau e optei por esas dúas cousas. Estaba sen traballo e, aínda que os tempos están como están, hai que facer algo.

De onde vén o bacallau que vende e que variedades ten?

É bacallau de Islandia e de Noruega, e téñoo de dous tipos: salgado pero non curado, e o curado de toda a vida. Teño solombos, variñas, follas... O que máis estou vendendo son as follas. Son as típicas follas que había hai moito tempo nas despensas das casas e á xente tráenlle recordos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios