''Temos máis de 20 anos de actividade por toda Galicia''

ADE2212P110F1.JPG
photo_camera ADE2212P110F1.JPG

¿Canto hai que fundaron a empresa?

É un negocio familiar que iniciou meu pai, e que ten xa máis de vinte anos, adicándonos dende o principio ás portas automáticas e ás instalacións eléctricas para garaxes, aínda que xa non traballamos neste sector.

¿Que ofertan?

Adicámonos á instalación, reparación e mantemento de todo tipo de automatismos e portas automáticas, como portas de corredeira ou disuasores de paso, e traballamos en prácticamente toda Galicia.

¿Que buscan os clientes?

A verdade é que o que primeiro miran é o prezo. Quizáis hai un descoñecemento do sector por parte dos clientes. A variedade que ofrecemos é moi grande, os modelos estándares pódense personalizar xa que cada instalación é única.

¿Cales son os produtos máis demandados?

En canto ás vivendas, a porta seccional é a que máis vendemos.

¿Nótase a crise?

Está claro que na construcción a recesión está sendo importante, pero no caso das empresas particulares non a notamos tanto. Traballamos cinco persoas e polo de agora mantemos máis ou menos o mesmo nivel de ventas dende hai anos.

Comentarios