''Temos a festa de San Antonio e do Carme este sábado''

Armando Carballeira, presidente da asociación veciñal As Regas, que celebra o 11 a festa do Carme e de San Antonio

En que vai consistir a festa do sábado?

É unha festa que se fai todos os anos en honor a San Antonio e a Virxe do Carme. Haberá un pasarrúas ás 12.00; ás 13.30 horas, misa campestre e ás 15.00 horas empezará a comida de irmandade con todos os socios.

Cantos anos leva funcionando o colectivo e cantos socios ten?

Leva 24 anos funcionando e eu levo 17 de presidente. En total, somos 123 socios.

Fixeron algunha outra actividade recentemente?

Acabamos de vir de Canarias, estivemos alí nunha excursión de varios días.

E haberá outras iniciativas para o que queda de ano?

Si, agora aínda estamos con algunhas actividades abertas. Por exemplo, a ximnasia, que remata o día 17. E tamén faremos como todos os anos a fogata de San Xoán, con sardiñada. Á volta do verán, o 16 de setembro, empezaremos un curso de baile de salón, patrocinado polo Concello. Tamén o día 4 de setembro faremos outra excursión a Cantabria de catro días e nese mesmo mes farase a paella, que organizan e cociñan os propios socios. Ademais, en novembro temos balneario, pero non sabemos aínda onde, e tamén o magosto.

Comentarios