Susana Carreira: ''Contamos con un total de 30 ginebras premium''

Susana Carreira rexenta a cervexería Zodiac, un local de referencia en Lugo para os amantes do gin tonic

Canto hai que funciona a cervexería?

Hai tres anos que a abrimos e a pesar da crise, estamos pensando en abrir un novo local.

Cales son os principais atractivos do local?

Traballamos de 07.00 da mañá a 04.00 horas, así que un pode disfrutar de diversos ambientes. Preparamos desaiunos a primeira hora, traballamos tamén cun menú do día que custa 8,5 euros, e ofrecemos tamén a posibilidade de tomar cafés, tés e chocolates de calidade a media tarde, así como de degustar os tradicionais cañas ou viños e tapas. Pero unha das especialidades do local son as copas, e a primeira hora funcionamos moi ben, sendo moi demandados os gin tonic.

Como os preparan?

De dúas formas, con pepino ou con rosas. Cada bebida pide os seus ingredientes, e a partir de aí poñémoslles albahaca, ou romeiro. Temos ata 30 xenebras premium e unha grande diversidade de tónicas para elixir. Eu vou aos cursos que podo para preparalos cada vez mellor e adquirir coñecementos.

É unha bebida de moda.

Sen dúbida, agora mesmo marca tendencia e está superando ao whisky ou o ron, aínda que seguen a ser consumidos.

Más en Lugo Ciudad
Comentarios