''Son las dos mejores orquestas de España''

José Fernández, xerente de Nova Exágono, onde hoxe actúan París de Noia e Panorama

Como pode reunir nunha actuación ás dúas orquestras máis cotizadas, París de Noia e Panorama?

Por amizade e apostando moi forte economicamente. París de Noia e Panorama son as dúas mellores orquestras de España. Este ano, debido á crise, apenas actuaron xuntas.

Como será o concerto?.

Vai empezar ás 20.00 horas. Traen os seus propios escenarios, que instalarán no aparcadoiro da discoteca, onde colocamos unha grande carpa.

Haberá autobuses gratuitos?

Cada media hora, a partir das 19.00 horas, sairán autobuses da Ronda da Muralla. O servizo funcionará toda a noite.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios