''Soy de las que piensan que un día sin sonreír es un día totalmente perdido''

Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Foto: XESÚS PONTE

Miluca Real dirixe en Lugo o restaurante Vverruga, en mans da familia dende hai máis de medio século

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é o trato coa xente e a satisfacción que producenos ‘estómagos agradecidos’ e, o que menos, vivir ao revés de todo o mundo.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Volveríame dedicar á hostalería.

3. O soño que máis se repite é...

Estar sentada nunna mesa, arrodeada da miña familia, á que tanto quero.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Non, sempre miro cara adiante.

5. ¿A quen admira?

Admiro profundamente a miña nai.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Coido que non.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

O voto é segredo, ¿non? [ri].

9. ¿Que cita subscribiría?

Hai dúas citas que son as miñas favoritas: «A vida é o que che vai sucedendo mentres fas plans para o futuro» e «un día sin sorrir é un día perdido».

10. ¿Que coche ten?

Un Mercedes clase A.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unha viaxe, sempre unha viaxe.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Un apartamento en Foz diante do mar, que nos permite gozar desa marabillosa Mariña lucense.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Hai moitos anos, escaparme a Ferrol en tren para estar co meu mozo -hoxe marido- na súa xura de bandeira na mili.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Non o sabería dicir sen verme realmente na situación.

15. ¿Teñen algún pacto?

Explicitamente non, pero temos, ademais da nosa vida común, o noso propio espazo.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non, nada en absoluto.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘En tiempo de prodigios’, de Marta Rivera de la Cruz. É precioso.

18. Non sae da casa sen...

Sen o móbil.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Tal vez a preguiza... pero só ás veces.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

A miña neveira é un desastre porque non comemos na casa.

21. Pérdea un bo...

Musical, un concerto... A música é a miña paixón.

22. Unha prenda que desteste.

O paraugas. É incómodo e esquézoo sempre en todas partes.

23. As súas mellores vacacións foron...

Unha viaxe que fixen a Canarias coa miña nai, o meu home, os meus fillos e as netas. Xa non se pode repetir.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Tódalas viaxes son un soño.

25. A paisaxe que máis a impresionou.

As cataratas de Iguazú, o Perito Moreno e, como non, a nosa marabillosa praia das Catedrais ao solpor.

26. ¿E a súa materia pendente?

Facer o Camiño de Santiago, por unha promesa da miña nai.

«CHARLTON HESTON FUE ENCANTADOR»

1. ¿Como leva a responsabilidade de dirixir un negocio familiar con historia e éxito, e lograr que este non decaia?

Con toda a ilusión do mundo, continuando o labor que comezaron os meus padis hai xa 63 años e loitando por poñer en práctica todo o que me ensinaron e que vivín dende o berce.

2. ¿E cal esa particular fórmula súa do éxito, esa que fai que un cliente repita?

Son moitas cousas. A calidade, a dedicación, o amor pola profesión e a atención personalizada son imprescindibles para sentir a satisfacción do traballo ben feito.

3. Polo Verruga teñen pasado moitos famosos, ¿cal foi o que máis a impresionou?

É difícil elixir, pero voume quedar con Charlton Heston. Sendo un mito vivinte do cine, era unha persoa sinxela e encantadora, que percorreu a cidade co meu fillo Luis como guía e que marchou encantadísimo do Verruga, do meu marido Luis que o atendeu e de Lugo en xeral.

4. ¿A quen lle gustaría servir unha boa comida?

A alguén que xa é imposible: a miña nai.

Comentarios