Sergio Aller: ''Visitaremos puntos de relevancia cultural''

ADE0808P105F1.JPG
photo_camera ADE0808P105F1.JPG

Sergio Aller é portavoz da asociación  Cultura do País, que hoxe  fai un roteiro cultural no  centro da capital lucense.

Hoxe fan unha ruta por Lugo. Que fin ten a iniciativa?

É un roteiro pola cidade que ten o obxectivo de visitar puntos de relevancia histórica ou cultural, como a casa onde viviu Rosalía de Castro. A idea central é percorrer os lugares nos que desenvolveron a súa vida persoas relevantes da cultura galega.

A asistencia é libre?

Si. Sairemos ás 16.30 horas da Praza do Campo e pode sumarse quen queira. Iremos parando en distintos puntos para a lectura dun texto alusivo á historia de cada lugar. Acabaremos na Praza Maior, na casa de Luis Pimentel. Visitaranse tamén lugares relacionados con personaxes como Fernán Esquío ou Ánxel Fole, quizais o escritor mellor coñecido pola xente.

Cren que os lucenses descoñecen a historia da cidade?

Cremos que fan falla asociacións culturais precisamente porque hai descoñecemento. O que máis se coñece, e é lóxico, é a historia romana, pero en Lugo hai moitas outras cousas que merece a pena descubrir.

Preparan xa novas actividades?

Queremos facer algún obradoiro relacionado coa música e para o Entroido pensamos en facer algunha actividade relacionada coas máscaras.

Comentarios