''Si queremos atraer alumnos tenemos que tratarlos bien''

Felipe Vázquez (Foto: EP)
photo_camera Felipe Vázquez (Foto: EP)

Felipe Vázquez, representante da Liga Estudantil Galega, que organiza a benvida aos alumnos foráneos

Organizan, en colaboración con Proxéctate en Galego e a asociación Cultura do País, un acto de benvida ao campus. Os alumnos terán que inscribirse previamente?

Será o xoves e non fai falta inscribirse. A actividade empeza ás 16.00 horas, cun roteiro guiado polo campus; ás 18.00 horas haberá unha visita guiada polo casco histórico e, ás 20.00 horas, unha recepción gastrofestiva no local de Cultura do País, en Carril das Hortas.

A actividade diríxese a todos os alumnos novos do campus?

Si, é para os Erasmus e para os que empezan primeiro. Hai moita xente de fóra e pensamos que non debe haber desconexión entre a cidade e os novos estudantes. Entre os Erasmus, este ano hai vinte mexicanos e bastantes estudantes doutras nacionalidades e en carreiras como Veterinaria hai moitos alumnos foráneos. Se queremos atraer estudantes, hai que tratar ben á xente.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios